Publicador de contidos
Publicador de contidos

España recorre o veto á pesca de fondo coa man tendida para negociar

España recorre o veto á pesca de fondo coa man tendida para negociar

O Goberno alega no recurso que a Comisión Europea "non respectou" o principio de proporcionalidade nin tivo en conta a información científica dispoñible

G24.gal 14/11/2022 13:17 Última actualización 14/11/2022 13:46

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, confirmou este luns a presentación do recurso contra a decisión da Comisión Europea de delimitar as zonas de pesca en augas profundas aínda que coa disposición para negociar e coa "man tendida" ao organismo.

No seu recurso, España argumenta, segundo Planas, que coa súa decisión, a Comisión Europea "non respectou" o principio de proporcionalidade nin tivo en conta a información científica dispoñible en relación ao equilibrio entre a sustentabilidade biolóxica, a económica e a social.

O ministro aproveitou para destacar a "magnífica colaboración" que tivo o Goberno de España por parte de todas as comunidades autónomas afectadas, en concreto, as do Cantábrico e Andalucía e "moi particularmente" a de Galicia, así como das confrarías de pescadores e da Confederación Española de Pesca (Cepesca).

"Creo que se traballamos xuntos os resultados son sen dúbida sempre mellores e é moi importante que nesta acción xudicial fronte ao Regulamento da Comisión Europea manteñamos estabilidade", o que non impide, destacou Planas, a disposición do Goberno para dialogar na "posta ao día" do novo regulamento Executivo e limitar o resultado que a aplicación desta medida restritiva pode implicar sobre o conxunto da frota española e en particular da que pesca en augas de Irlanda, Francia España ou Portugal.

O PSdeG advirte que recurso será complicado

Os socialistas galegos aseguran que con este recurso presentado ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea o goberno central cumpre o compromiso adoptado co sector pesqueiro e coa Xunta. Iso si, Luís Álvarez, voceiro parlamentario do PSdeG, advirte que o proceso será complicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade