Publicador de contidos
Publicador de contidos

España roza a remonta ante Australia (66-75)

España roza a remonta ante Australia (66-75)

O equipo adestrado por Miguel Méndez case lle dá a volta ao partido logo de ir perdendo por 23 puntos 

María Araújo foi a máxima reboteadora das españolas e tamén houbo minutos para Paula Ginzo

G24.gal 23/07/2024 09:18

A familia debutou no Torneo de Segovia ante Australia nun partido semellante a unha montaña rusa. As oceánicas demostraron sobre o parqué a súa condición de favoritas a levar un metal en París, e dominaron o xogo no comezo do encontro. España reaccionou, situándose dous puntos por baixo ao termo do primeiro cuarto.

As locais sostíñanse grazas á actuación de Megan Gustafson. A xogadora nacionalizada anotou nove puntos na primeira metade, pero o acerto no tiro de Australia situaba as boomers por diante no electrónico. 30-42 para pechar o segundo cuarto.

Á saída de vestiarios, España viviu o seu momento máis crítico. Allana Smith liderou unha ofensiva australiana que a selección non foi capaz de parar. A xogadora das Minnesota Lynx firmou un dobre dobre no partido (12+11) e poñía terra de por medio no encontro. As de Miguel Méndez atopábanse 23 puntos por baixo. Nun esforzo titánico conseguiron reducir a distancia no último cuarto e situarse a só tres puntos (66-69). Pero Australia non se confiou e logrou resolver o partido ao aproveitar o esgotamento das españolas.

María Araújo firmou un gran partido ao anotar cinco puntos e converterse na máxima reboteadora das españolas, tras conseguir oito capturas. A xogadora viguesa colle ritmo para as olimpíadas e parece esquecer a grave lesión sufrida en 2023. Pola súa parte, Paula Ginzo tamén sumou minutos coa selección nacional, o que proba a confianza do adestrador Miguel Méndez nas dúas xogadoras galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade