Publicador de contidos
Publicador de contidos

España vence a Marrocos (2-1) e loitará polo ouro en París

España vence a Marrocos (2-1) e loitará polo ouro en París

O conxunto adestrado por Santi Denia chega á final olímpica tras remontar o gol inicial de Marrocos

Os goles de Fermín e Juanlu levan a España a loitar polo ouro tres anos despois

FONTE: EFE FONTE: EFE
G24.gal 05/08/2024 20:01

España acadou na tarde de hoxe a súa undécima medalla nestas Olimpíadas. Non foi sen sufrimento.

Tras un comezo de partido moi desputado, Marrocos conseguía adiantarse ao converter unha pena máxima. A falta cometida por Pablo Barrios sobre Amir Richardson foi revisada polo VAR, e tras visualizar a acción na pantalla, o colexiado do encontro sinalou penalti a favor do equipo marroquí. Rahimi non fallou a súa cita co gol e anotou o seu quinto tanto nos Xogos Olímpicos.

O combinado español reaccionou na segunda parte e Fermín logrou beneficiarse dun rexeitamento para anotar e igualar o encontro. Os de Santi Denia continuaron a achegarse á portería dos 'Leóns do Atlas', e tras un pase filtrado do propio Fermín, Juanlu convertía o segundo gol cun disparo raso moi potente.

Tras conseguir a prata en Toquio, España chega novamente á final do torneo olímpico de fútbol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade