Cargando resultados...
Esta fin de semana sélase a compostela número 400.000 do ano
Esta fin de semana sélase a compostela número 400.000 do ano
O presidente da Xunta lembra que un terzo das persoas que fan o camiño non piden o certificado
Xente no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino en Santiago
G24.gal
15/10/2022 13:08
Na capital arxentina, Alfonso Rueda púxolle cifra á importancia que o Camiño de Santiago ten para o sector turístico e para a economía galega. O presidente de Xunta lembrou que esta fin de semana se sela a compostela número 400.000 do ano.
"Esta fin de semana vai chegar o peregrino 400.000 deste ano, dos que chegan e piden a compostela, porque calculamos que aproximadamente un terzo das persoas que fan o camiño, polas razóns que sexan, non piden o certificado. Polo tanto, poñan vostedes que tranquilamente remataremos o ano con máis de 600.000 persoas que fixeron como mínimo cen quilómetros e chegaron a Santiago de Compostela".