Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlado tras queimar 30 hectáres o incendio de Cerdedo-Cotobade

Controlado tras queimar 30 hectáres o incendio de Cerdedo-Cotobade

Continúa tamén estabilizado o incendio que queimou en Rois 100 hectáreas desde o luns e controlado o de Barreiros

G24.gal 23/04/2024 16:22 Última actualización 23/04/2024 20:08

Os servizos de extinción deron por controlado o incendio forestal que afecta desde a medianoite do martes ao municipio pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, no que arderon ata o momento 30 hectáreas.

O incendio comezou arredor das 01:00 horas da madrugada na parroquia de Caroi. Ata o momento traballaron na zona un técnico, once axentes, 22 brigadas, 13 motobombas, unha pa e medios aéreos.

Doutra banda, continúa estabilizado o incendio forestal rexistrado na localidade coruñesa de Rois desde a tarde do luns, que afectou unhas 100 hectáreas, segundo o último balance ofrecido pola Consellería do Medio Rural.

O incendio comezou minutos antes das 18:00 horas deste pasado luns e para a súa extinción mobilizáronse ata o momento tres técnicos, 29 axentes, 31 brigadas, 27 motobombas, dúas pas, catro avións e cinco helicópteros. En concreto, está a afectar á parroquia de Herbogo.

Tamén segue controlado o incendio de Barreiros, que se reavivou na tarde deste luns tras comezar a arder o venres. Calcúlase que afecta unhas 17 hectáreas.

A Consellería lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade