Estudan propoñer unha licenza de pago para os usuarios dos montes comunais
Estudan propoñer unha licenza de pago para os usuarios dos montes comunais
Funcionaría como seguro no caso de percances e accidentes nos montes
Tería que promulgala unha Administración pública
A Organización Galega de Comunidades de Montes vai comezar a dar forma a unha nova normativa que regule o uso social e recreativo do monte. Será nun grupo de traballo a partir do día 17 de febreiro.
Os comuneiros son partidarios dun uso aberto do monte pero a nova normativa podería recoller a proposta do pagar unha licenza administrativa que funcione a modo de autorización, pero sobre todo, que sirva de póliza de seguros que os cubra en caso de accidente como explica Xosé Alfredo Pereira, presidente Organización Galega de Comunidades de Montes.
"Se poñemos os montes a disposición da sociedade é moi triste que, polo que poida pasar, haxa penas mesmo de cárcere para as comunidades. Queremos evitalo e compaxinar o uso social do monte. Falamos dunha licenza administrativa o que non quere dicir que nós cobremos por ela, porque esas licenzas teñen que ser promulgadas por algún tipo de Administración".
Son conscientes de que isto supón un cambio de mentalidade, pero pensan que é o momento de abrir o debate na sociedade.