Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estudantes de ciclos pesqueiros fan prácticas no buque escola Intermares na Coruña

Estudantes de ciclos pesqueiros fan prácticas no buque escola Intermares na Coruña

O Intermares, único buque en España que combina formación en pesca con formación na Armada

Medio cento de estudantes de FP fan prácticas no barco durante cinco días

G24.gal 07/02/2024 15:04

O buque Intermares estará toda a semana atracado na Coruña para formar a 60 alumnos galegos en artes pesqueiras e da cadea mar-industria, explicou a subdelegada do Goberno, María Rivas.

A representante do Goberno central visitou o buque escola que desenvolve unha serie de actividades formativas do Ministerio de Agricultura en colaboración co Ministerio de Defensa.

O barco ofrece formación e prácticas en "mantemento, artes de pesca e tecnoloxías" como parte dun convenio co Centro Integrado de Formación Profesional Universidade Laboral de Culleredo (A Coruña).

A iniciativa pretende fomentar unha "formación integral" e aproveita para iso os recursos do Ministerio de Defensa, explicou Rivas, quen engadiu que é unha oportunidade para contribuír tamén á substitución xeracional no sector do mar.

"Logramos achegar á xente nova a un mundo moitísimo máis profesionalizado e atraer os mozos a que opten por estas opcións formativas", continuou.

Os 60 alumnos que están nesta semana no buque teñen un barco pesqueiro de apoio e logo unha zona de procesamento, tanto para peixe como para marisco.

A continuación dispoñen dunha área para o procesamento en terra, similar ao que atoparían nunha factoría de peixe ou nunha conserveira.

Tamén reciben formación sobre montaxe de redes e aparellos con material para tratar as diferentes artes pesqueiras, así como unha a zona con piscina interior e material de salvamento e rescate orientada a afrontar emerxencias no mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade