Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacúan ao hospital unha muller que quedou atrapada coa porta dun ascensor en Ferrol

Evacúan ao hospital unha muller que quedou atrapada coa porta dun ascensor en Ferrol

Os feitos sucederon uns minutos antes das tres da madrugada na rúa da Terra

G24.gal 06/08/2023 12:01

Unha muller precisou o traslado ao hospital tras quedar atrapada por unha porta dun ascensor en Ferrol esta pasada madrugada.

A Policía Nacional informa de que foron cinco as mozas que quedaron no interior do elevador, pero só unha delas necesitou atención médica. A ferida quedou atrapada pola porta, de xeito que quedou coa metade do corpo fóra do aparello.

Os feitos sucederon contra as 3:00 da madrugada na rúa da Terra da cidade. Un particular avisou o 112 para pedir axuda, que mobilizou o persoal de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ferrol e a Policía Local e Nacional. Protección Civil tamén recibiu aviso do incidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade