Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evitan a entrada de 19.000 quilos de uva de Castela nas adegas da D. O. de Valdeorras

Evitan a entrada de 19.000 quilos de uva de Castela nas adegas da D. O. de Valdeorras

Trátase da operación mais importante contra a fraude desta campaña

G24.gal 14/09/2023 12:13

En Valdeorras, en plena vendima, acaban de abortar a entrada de vinte mil quilos de uva de Castela e León en adegas da Denominación de Orixe.

Trátase da operación máis importante contra a fraude desta campaña. Axentes do Seprona da Garda Civil e técnicos do Consello Regulador están á fronte.

Localizaron as uvas nun almacén do Barco. Un veciño da vila, de oitenta e dous anos, era o encargado da distribución.

O éxito da operación foi posible grazas á colaboración cidadá. A uva está inmobilizada no almacén, á espera de que Medio Rural determine o seu destino. 

A investigación céntrase en localizar o propietario. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade