Publicador de contidos
Publicador de contidos

Explosión de pole en Ourense

Explosión de pole en Ourense

A meteoroloxía do inverno atrasou a floración dos piñeiros, que coincide agora coa dos plátanos, os carballos ou os bidueiros 

G24.gal 31/03/2023 14:27

Temperaturas máis altas do normal para o inverno e a falta de chuvia cando era necesario atrasaron a floración de especies como o piñeiro. O seu pole tingue de amarelo beirarrúas, coches ou mobiliario urbano de Ourense. Segundo a alergóloga do CHUO, Susana Varela, non adoita provocar alerxias pero si que pode causar problemas de rinoconxuntive.

A súa polinización coincide coa de outras árbores como os plátanos, os carballos ou os bidueiros provocando unha explosión de pole como destaca a profesora do departamento de Aerobioloxía de Facultade de Ciencias de Ourense, María Fernández.

Especies máis temidas polos alérxicos que obrigan xa a botar man dos antihistamínicos. Os bidueiros son a segunda causa de alerxia na provincia despois das gramíneas.

A concentración de pole irá a máis nas próximas semanas polo que os expertos recomendan evitar as saídas o campo ou as beiras do río, usar lentes de sol, pechar fiestras e non saír a última hora da tarde que é cando se dan as maiores concentracións de pole.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos