Cargando resultados...
Explótalle un petardo na man en Vigo e queda sen varios dedos
Explótalle un petardo na man en Vigo e queda sen varios dedos
Os feitos sucederon a unha e media da noite na rúa Doutor Cadaval
Entrada das urxencias do Hospital Alvaro Cunqueiro en Vigo
G24.gal
24/12/2022 17:06
Unha persoa sufriu a amputación de varios dedos dunha man ao explotarlle un petardo cando se atopaba na rúa Doutor Cadaval, en Vigo.
O 112 Galicia informou de que sucedeu nesta rúa da cidade contra a unha e media deste sábado. Ata o lugar, ademais dos profesionais de urxencias sanitarias que atenderon o ferido para trasladalo ata o Hospital Álvaro Cunqueiro pola amputación dos dedos, desprazáronse axentes da Policía Nacional e da Local.