Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fai correndo 800 quilómetros do Camiño para dar visibilidade a unha enfermidade rara

Fai correndo 800 quilómetros do Camiño para dar visibilidade a unha enfermidade rara

G24.gal 10/04/2022 20:43

Un peregrino fixo 800 quilométros correndo en 16 días para dar visibilidade a unha enfermidade rara. Trátase dun tipo de ataxia, unha doenza xenética neurodexenerativa que non ten cura.

Gonzalo Pérez, que é corredor afeccionado, completaba o seu reto esta mañá tras facer o Camiño Francés dende Francia. Á súa chegada, na praza do Obradoiro agardábano as dúas mozas galegas que teñen esta enfermidade e as súas familias.

En toda España hai uns corenta menores con esta doenza, que provoca unha grave incapacidade física progresiva e unha alta incidencia de cancro. O corredor bilbaíno logrou recadar máis de 4.500 euros, mediante as contribucións das empresas que apadriñaron a súa ruta.

Os fondos vanse destinar á investigación e a axuda aos enfermos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar