Falece o home que se botou desde o balcón tras acoitelar ao pai e á nai en Bilbao
Falece o home que se botou desde o balcón tras acoitelar ao pai e á nai en Bilbao
Ambos os dous proxenitores recupéranse das feridas no hospital
O home que este venres acoitelou á nai e ao pai no seu domicilio do barrio de San Adrián, en Bilbao, e despois chimpouse desde un cuarto andar, faleceu no hospital no que estaba ingresado.
Tras precipitarse desde o balcón, o home foi evacuado en ambulancia a un hospital, onde quedou ingresado baixo custodia policial, acusado de homicidio en grao de tentativa, e onde faleceu de madrugada, informou a Ertzaintza.
A Policía vasca cre que este mesmo home foi o condutor que pola mañá caera co seu coche desde a cuarta planta do aparcamento do aeroporto de Loiu, lugar do que marchou de xeito apresurado e ileso.
Unhas horas despois, sobre as tres da tarde, no piso familiar ese individuo agrediu presuntamente cunha arma branca o seu pai e a súa nai, octoxenarios.
Ambos os dous foron rescatados pola Policía e trasladados a un centro hospitalario para ser atendidos das feridas sufridas, que en principio non parecen poñer en perigo as súas vidas.
Atrincheirado
Tras máis de tres horas atrincheirado no piso e no medio dunha ampla despregadura policial e de emerxencias, o home botouse desde o balcón.
Os bombeiros de Bilbao colocaran colchóns na rúa polo que o home foi recuperado con vida e trasladado nunha ambulancia a un hospital, onde morreu hai unhas horas.