Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un traballador ao caer dunha escaleira na Cañiza

Falece un traballador ao caer dunha escaleira na Cañiza

O operario estaba facendo traballos de reforma nun baixo da rúa do Progreso

Traballaba como autónomo nunha empresa de construción do Carballiño

G24.gal 05/09/2022 17:10 Última actualización 05/09/2022 19:53

Un ourensán de 51 anos perdeu a vida este luns nun accidente laboral no concello da Cañiza.

O suceso ocorreu pasadas as tres da tarde nun baixo situado na rúa do Progreso. Un dos operarios que estaba facendo obras de reforma caeu dende unha escaleira.

Á zona acudiu un equipo de emerxencias sanitarias a bordo dun helicóptero medicalizado. Pero xa non se puido facer nada pola súa vida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos