Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un garda civil de 53 anos nun accidente de tráfico en Begonte

Falece un garda civil de 53 anos nun accidente de tráfico en Begonte

A vítima é o xefe do Centro Operativo de Servizos da Comandancia da Garda Civil de Lugo

G24.gal 14/02/2022 09:04

As rodadas na gabia indican o punto onde  se producía o accidente mortal minutos antes da unha da madrugada na estrada LU-541 que une Vilalba con Rábade no concello de Begonte.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Vilalba para proceder á excarceración da vítima e único ocupante do vehículo, que non respondeu aos intentos de reanimación dos servizos de emerxencia.

O falecido é un home de 53 anos veciño de Outeiro de  Rei e  xefe do Centro Operativo de Servizos da Comandancia da Garda Civil de Lugo.

Os veciños do lugar no que se produciu o accidente aseguran que esta vía é un punto negro e reclaman que se tomen medidas.

Descoñécense polo momento as causas do sinistro, que está a ser investigado pola Garda Civil.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade