Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home á beira do mar nunha praia de Barreiros

Morre un home á beira do mar nunha praia de Barreiros

O falecemento puido deberse a causas naturais

G24.gal 17/09/2023 14:19 Última actualización 17/09/2023 22:16

Un veciño de Lugo duns setenta anos morreu este mediodía na praia de Coto, no concello de Barreiros, cando estaba na beira do mar.

Ao parecer o home caeu desfalecido antes de entrar na auga, e nin os socorristas nin os servizos sanitarios puideron facer nada por salvarlle a vida.

Estaba canda a súa familia e todo indica que o falecemento puido producirse por causas naturais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade