Falece un motorista tras bater frontalmente contra un coche na Coruña
Falece un motorista tras bater frontalmente contra un coche na Coruña
Aconteceu na estrada de Bens que conduce á refinería de Repsol
O accidente mortal aconteceu na estrada que une Bens coa refinería de Repsol. Eran pouco antes as nove da noite desde mércores e, todo apunta a que, un motorista invadiu o carril contrario ao tomar unha curva.
Bateu frontalmente contra un coche. Varios particulares alertaron os servizos de emerxencias, pero cando chegaron os sanitarios da ambulancia do 061 só puideron certificar a súa morte. O condutor do coche implicado no sinistro quedou ileso.
Veciños e condutores cualifican a zona como perigosa por mor das curvas pronunciadas. É o segundo accidente que se rexistra nesa estrada nos últimos quince meses.
Nesa zona, a escasos 300 metros do último sinistro, perdeu a vida un mozo de 19 anos a mediados de marzo do ano pasado. Nesa ocasión, segundo os veciños, circulaba de xeito temerario e baixo os efectos do alcol.