Cargando resultados...
Falece un operario ao caer do tellado dunha vivenda en Oza-Cesuras
Falece un operario ao caer do tellado dunha vivenda en Oza-Cesuras
O accidente laboral produciuse cando o traballador perdeu o equilibrio mentres realizaba unhas reparacións
G24.gal
21/03/2023 15:14
Última actualización 21/03/2023 17:55
Un operario faleceu este martes no concello coruñés de Oza-Cesuras ao caer do tellado dunha vivenda no que estaba traballando.
Segundo informa o 112 o traballador faleceu no mesmo lugar do sinistro e o persoal da ambulancia que se mobilizou para atendelo certificou a morte alí mesmo.
🔴#AXEGAInforma dun operario que faleceu tras caer do tellado dunha vivenda en #OzaCesuras.
— 112Galicia (@112Galicia) March 21, 2023
O persoal sanitario, mobilizado nunha ambulancia, só puido confirmar o seu falecemento.
Para este operativo tamén foron informados os membros do #GESCurtis e os axentes da @guardiacivil. pic.twitter.com/ys3uTzi5pd