Falece un pescador galego no porto de Ondarroa, en Biscaia

O home, de 66 anos de idade, caeu á auga nunha entrada e saída do barco a terra

Traballaba na embarcación Curvo de Galicia, a cal levaba varios días atracada neste porto da cidade biscaíña

Embarcación Curvo navegando. Vessel Finder Embarcación Curvo navegando. Vessel Finder
G24.gal 10/11/2023 17:17 Última actualización 10/11/2023 18:47

Un pescador de 66 anos dun barco galego morre ao caer á auga no porto de Ondarroa, Biscaia. Testemuñas principais indicaron ao sindicato LAB (Comisións de Obreiros Abertzais) que a embarcación Curvo de Galicia levaba varios días atracada no porto. Engaden que o home caeu nunha entrada e saída do barco a terra e foi atopado horas máis tarde na auga.

Nun comunicado, LAB denunciou a actuación por parte do Instituto vasco de Seguridade e Saúde Laborais-Osalan nin a Inspección de Traballo pois non cualificaron o ocorrido de "morte laboral" xa que, segundo eles, o operario se atopaba en días de descanso. A asociación sindical abertzale quixo mostrar as súas condolencias con familiares, amizades e compañeiros do falecido.

O sindicato abertzale leva tempo denunciando as "precarias" condicións de vida e traballo dos pescadores e loitando por dignificalas. "Desgraciadamente, son frecuentes os accidentes que se producen nas entradas e saídas do barco ao porto e, aínda que resulte incrible, aínda non existen as pasarelas e as medidas de seguridade necesarias para protexer as vidas das e dos pescadores". 

Ademais, comentan que estes accidentes que sofren os pescadores están "obrigados polas condicións do seu traballo". Reclaman medidas por parte da patronal e administración para evitar que o número de accidentes causados polo traballo continúe á alza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade