Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un traballador ao caer por un desnivel nunha canteira de Mondoñedo

Falece un traballador ao caer por un desnivel nunha canteira de Mondoñedo

Os feitos aconteceron na parroquia de Vilamor, cando o home de 52 anos caeu coa máquina que manexaba

O persoal sanitario confirmou a morte e atendeu a outro traballador, que foi trasladado ao Hospital Público da Mariña

Canteira na que se produciu o accidente mortal no lugar Vilamor
G24.gal 14/05/2024 17:08 Última actualización 14/05/2024 20:41

Un traballador dunha canteira de Monoñedo, J.C.S., de 52 anos de idade, perdeu a vida este martes nun accidente laboral no lugar Vilamor, no concello lucense de Mondoñedo, segundo confirmaron fontes do 112 e do 061.

Segundo informaron a EFE fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, un particular chamou ao 112 para avisar do sinistro ás 16:20 horas. Esa persoa informou a central de emerxencias de que un traballador caeu por un desnivel  da canteira coa máquina que manexaba. Xa desde un primeiro momento, o particular apuntou a posibilidade de que o traballador estivese falecido.

Mobilizáronse ata o lugar Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Barreiros, a Garda Civil e Protección Civil de Mondoñedo. O 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo do PAC de Mondoñedo.

Cando chegou ao lugar, o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do operario. Por outra banda, estes efectivos atenderon no punto a outro traballador, J.J.F.V., de 56 anos de idade, que foi trasladado ao Hospital Público da Mariña.

Os efectivos de bombeiros, ademais de axudar nas tarefas de rescate do corpo do home falecido, colaboraron na estabilización da máquina que manexaba, xa que quedara nunha posición complicada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade