Cargando resultados...
Falece un traballador nunha obra civil na refinería da Coruña
Falece un traballador nunha obra civil na refinería da Coruña
Pertencía a unha empresa auxiliar de construción contratada por Repsol
A compañía abriu unha investigación para esclarecer as causas do accidente laboral
G24.gal
22/10/2022 12:55
Última actualización 22/10/2022 14:59
O falecido traballaba nunha empresa auxiliar que estaba a realizar labores de construción nunha obra civil contratada por Repsol nas súas instalacións.
Segundo informa a refinería nun comunicado, a compañía abriu unha investigación e está a colaborar coas autoridades competentes para aclarar as causas do accidente laboral.
Repsol, no nome do cadro de persoal, transmitiulle tamén o seu pesar á familia da vítima e á empresa na que traballaba.