Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha muller de 72 anos en Lourenzá por mor dunha caída 

Falece unha muller de 72 anos en Lourenzá por mor dunha caída 

A muller sufriu un forte golpe e os servizos de emerxencia certificaron a morte no mesmo lugar do suceso

G24.gal 06/09/2023 15:05

Unha muller de 72 anos faleceu este mediodía por mor dunha caída no municipio lucense de Lourenzá.

Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención as Emerxencias de Galicia (CIAE), foi persoal do 061 o que informou a través do 112 de que fora mobilizado un helicóptero medicalizado para auxiliar a vítima, que recibira un forte golpe a causa da caída.

Os feitos sucederon en Santo Tomé, no lugar de Castiñeiras Verdes. Para colaborar no auxilio á vítima, o 112 mobilizou a Garda Civil, a Protección Civil e o GES da Pontenova.

Finalmente, o 061 confirmou o falecemento da muller. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade