Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller de 66 anos ao naufragar un veleiro na costa de Malpica

Morre unha muller de 66 anos ao naufragar un veleiro na costa de Malpica

O barco, de oito metros de eslora, bateu contra as pedras a poucos metros do dique, na coñecida como zona da Atalaia

O seu acompañante, un home de tamén 66 anos, foi rescatado por un helicóptero de Salvamento Marítimo e trasladado ao CHUAC cun corte profundo nunha perna

Novas imaxes do rescate de Malpica
G24.gal 07/07/2022 08:32 Última actualización 07/07/2022 18:30

O vento do nordés puido ser determinante no naufraxio dun pequeno veleiro francés na costa de Malpica. O barco, de oito metros de eslora, bateu contra as pedras a poucos metros do dique, na coñecida como zona da Atalaia.

No sinistro morreu unha muller de 66 anos. O seu acompañante, un home de tamén 66 anos, sofre un corte profundo nunha perna. Foi rescatado por un helicóptero de Salvamento Marítimo e trasladado ao hospital da Coruña.

O 112 recibiu sobre as 7:30 desta mañá unha chamada dunha embarcación que solicitaba axuda. A voz de alarma deuna o pesqueiro Villar Blanco. Un dos deus tripulantes, César, contou na Radio Galega que viu uns paus nas rochas cando remataban de pescar.

César é o mariñeiro que se decatou do naufraxio

Foi entón cando se deron conta de que había un iate cunha persoa na balsa e outra sobre un taboleiro, a muller, que desgraciadamente xa estaba falecida. "Estaban moi metidos nas rochas, nós non puidemos facer nada", dixo o mariñeiro. 

O helicóptero de Salvamento conseguiu rescatar o sobrevivente e o corpo da muller. César di que había moi mala mar, polo forte vento do nordés. 

Onte mesmo, en Muxía, houbo que auxiliar un veleiro francés que quedou sen máquina fronte á punta da Virxe da Barca, con oito persoas a bordo. Protección Civil, Salvamento e varios particulares conseguiron retiralo a tempo e evitar que naufragase.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade