Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fartos dos accidentes dos camións no barrio vigués de Teis

Fartos dos accidentes dos camións no barrio vigués de Teis

Os veciños denuncian a perigosidade dos vehículos pesados, que se atrancan na vía

G24.gal 30/07/2024 14:19

Xa son case unha decena os camións que quedaron atrapados nesta estrada que sobe á Madroa, no barrio vigués de Teis. Chegan ata aquí confundidos polo GPS. É o que lle ocorreu ao último camioneiro, que se estampou contra o poste.   

O descoñecemento da zona e a falta de sinalización fan que esta vía se converta nun lugar de tránsito habitual para os camións.  Os veciños din que a situación do tráfico nesta zona supón un grave perigo para as vivendas e para os viandantes. Un punto que é lugar de paso para numerosos peregrinos. 

Levan moito tempo denunciando estes accidentes, sen recibir resposta por parte do Concello. Temen que o próximo sexa máis grave e piden medidas urxentes.

A velocidade e os sinistros están a deixar una perigosa pegada no barrio de Teis, onde asumen que este non será o último camión atrancado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar