Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fedea calcula que aforraremos 40 euros en seis meses coa rebaixa do IVE alimentario

Fedea calcula que aforraremos 40 euros en seis meses coa rebaixa do IVE alimentario

A rebaixa ten un custo fiscal de 700 millóns de euros

Fedea di que se fosen axudas directas, triplicarían a axuda aos fogares con menos ingresos

G24.gal 13/02/2023 15:10 Última actualización 13/02/2023 15:19

A Fundación de Estudos de Economía Aplicada aconsella cambiar a rebaixa xeral do IVE dos alimentos por axudas a rendas baixas. Un informe de Fedea apunta que isto melloraría a repartición distributiva das axudas.

Porque sinala que, coa rebaixa actual do IVE da cesta da compra, os consumidores aforrarán algo menos de 40 euros durante a primeira metade do ano, uns 6,6 euros ao mes.

A rebaixa ten un custo fiscal de 700 millóns de euros, e Fedea calcula que, se se cambiase por axudas directas, triplicarían a axuda aos fogares con menos ingresos.

"Entendemos a preocupación de intentar mitigar os efectos da inflación, pero hai formas máis efectivas. Se baixas os impostos é para todo o mundo, o preciso ou non. Pensamos que sería mellor concentrar as axudas nos que máis o necesiten, deste xeito sería ou máis barato ou axudas poderían ser máis xenerosas", asegura Ángel de la Fuente, director de Fedea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade