Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido grave ao estoupar unha bolsa de gas na súa casa de Baiona

Ferido grave ao estoupar unha bolsa de gas na súa casa de Baiona

A onda expansiva rebentou varios tabiques e o falso teito saíu voando

G24.gal 17/04/2022 19:00

Un home de 59 anos sufriu queimaduras graves nunha explosión rexistrada na súa casa de Baiona, supostamente provocada por acumulación de gas. Outra persoa que se atopaba no interior quedou ferida leve.

A detonación, que provocou un incendio, rexistrouse pasadas as catro da tarde. O inmoble, de dous andares, está situado na parroquia de Baíña.

"A onda expansiva foi buscando oco e rebentou varios tabiques, incluso a mediana (que separa) dous apartamentos. Todo o falso teito saíu voando. Extinguimos o lume e ventilamos a vivenda", explicou Óscar Arévalo, xefe de quenda dos Bombeiros GES do Val Miñor.

A Policía Local precintou a vivenda. No operativo, tamén participou a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade