Cargando resultados...
Ferido grave un sancristán en Carballo ao caerlle na cabeza a imaxe dun santo
Ferido grave un sancristán en Carballo ao caerlle na cabeza a imaxe dun santo
Todo parece indicar que sufriu unha indisposición e puido tentar apoiarse na figura
G24.gal
23/03/2024 20:59
Última actualización 23/03/2024 21:08
O sancristán da igrexa do centro de Carballo quedou ferido grave tras sufrir unha indisposición e caerlle enriba a imaxe dun santo sobre a que puido intentar apoiarse.
O home, de 78 anos, foi evacuado desde a igrexa de San Xoán ata o parque de San Martiño, onde aterrou o helicóptero medicalizado do 061 que o trasladou ao Complexo Hospitalario da Coruña, centro no que permanece ingresado.
No operativo tamén participaron a Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil. O accidente produciuse pasadas as 13:30 horas.