Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feridos tres ciclistas nunha caída múltiple durante unha proba en Cerceda

Feridos tres ciclistas nunha caída múltiple durante unha proba en Cerceda

Foron trasladados a un centro hospitalario de Santiago

G24.gal 13/05/2023 19:15 Última actualización 13/05/2023 19:41

Tres participantes nunha proba ciclista organizada no concello de Ordes quedaron feridos nun accidente ocorrido contra as cinco e media da tarde. Por causas aínda sen determinar, varios membros do pelotón protagonizaron unha caída múltiple á altura de Xesteda, en Cerceda.

Tres dos implicados tiveron que ser trasladados ao hospital da Rosaleda, en Santiago, un cunha conmoción cerebral, outro con dor na zona da clavícula e un terceiro con contusións. A segunda parte da proba puido reiniciarse unha hora despois. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar