Ferrol e Viveiro teñen ocupadas un 95 % da prazas hoteleiras para próximos festivos
Ferrol e Viveiro teñen ocupadas un 95 % da prazas hoteleiras para próximos festivos
Varias xornadas consecutivas de culto e procesións atraen ata as dúas localidades milleiros de visitantes
Quedan apenas un par de xornadas para o Domingo de Ramos, e as reservas nos hoteis vanse acelerando. A comezos de semana, coa confirmación do bo tempo, comezou en Ferrol a avalancha de reservas, que se concentran sobre todo nos festivos. As súas procesións dos Caladiños e o Cristo da Boa Morte están entre as máis recoñecidas a nivel internacional.
"Para os días grandes, os festivos da semana próxima, hai unha moi boa previsión, case un completo, e nos días de pola semana espérase un 70-80 % de ocupación", di María Saavedra, asociación de Hostalería de Ferrol.
"Temos xente de toda Europa que vén ver a Semana Santa de Ferrol. Imaxina o impacto que ten a nivel europeo. A xente vai buscando Galicia, a Semana Santa, pero tamén a natureza e a gastronomía", engade José Antonio Hernández, director de hotel.
E outro tanto en Viveiro, onde xa non quedan camas para esta fin de semana. Aínda que a do Santo Encontro é unha das procesións que espera máis adhesión popular.
"Dende que a Semana Santa de Viveiro foi declarada de Interese Turístico Internacional, déuselle moitísima difusión a todos os niveis, e temos cada vez máis visitantes de países estranxeiros", explica Isabel Méndez, xerente da Asociación de Comerciantes de Viveiro.
"De xoves a domingo esperamos, se non acadar o cheo, quedar moi pretiño", informa José Manuel Pereira, director de hotel.
E con estas boas perspectivas e tamén expectativa de bo tempo, comeza unha ansiada semana de festivos para estrear a primavera.