Publicador de contidos
Publicador de contidos

Flores para Diana Quer no sexto aniversario do seu asasinato

Flores para Diana Quer no sexto aniversario do seu asasinato

O pai da moza madrileña pídelle ao alcalde da Pobra unha placa de recordo

G24.gal 22/08/2022 20:26

Na contorna do paseo do Areal, un farol sostén un centro de flores cunha foto de Diana Quer.

A nai da moza madrileña, Diana López, escribiu unha emotiva mensaxe. Nela dálle as grazas por ser a súa filla durante 18 anos e conta que o ramo, en forma de bágoa, simboliza o último momento en liberdade da rapaza, no lugar onde foi secuestrada. 

O pai, Juan Carlos Quer, tamén lembrou a filla nas redes. Ao tempo volveulle pedir ao alcalde da Pobra unha placa en recordo de Diana e das demais vítimas da violencia. 

Di Juan Carlos Quer que "ignorar que foi asasinada por un violador reincidente non contribúe a concienciar a sociedade sobre o grave problema da violencia sobre a muller". 

O asasino, José Enrique Abuín, cumpre unha condena de prisión permanente revisable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar