Formación en tratamentos termais para futuros médicos
Formación en tratamentos termais para futuros médicos
As augas preveñen e combaten doenzas cardiovasculares
Inxesta, inhalación e baño son as prácticas habituais
O 77 % das mulleres maiores de 70 anos padecen algún tipo de doenza circulatoria, especialmente nas pernas.
Para tratalas, as augas mineromedicinais son unha ferramenta do máis útil porque axudan á cicatrización, reactivan a circulación sanguínea e garanten unha total asepsia.
E só un exemplo de como estas axudan á circulación.
As terapias termais son habituais noutros países europeos e mesmo están no sistema público.
En España aínda é unha práctica incipiente pero cada vez gaña máis profesionais e usuarios.
Por iso, estes futuros médicos aprenden no balneario de Laias o mellor xeito de aplicar as súas técnicas.
Pediluvios, corredores de marcha ou duchas circulares son algunhas das técnicas que melloran a saúde cardiovascular.