Foxe correndo da Garda Civil cando lle ían facer o test de alcolemia tras causar un accidente en Santiago
Foxe correndo da Garda Civil cando lle ían facer o test de alcolemia tras causar un accidente en Santiago
Foxe correndo da Garda Civil cando lle ían facer o test de alcolemia tras causar un accidente en Santiago
O sinsitro produciuse nas proximidades do aeroporto da Lavacolla, onde o condutor, que logo de ser detido deu positivo por drogas, bateu contra un muro cun coche que resultou ser roubado
Esta pasada noite produciuse un accidente de tráfico preto do aeroporto de Santiago. Un turismo saíu da vía e bateu contra un muro. Non houbo feridos graves. Ata aí, a situación entraba dentro do habitual nestes casos. Era así ata o momento en que lle quixeron facer a proba de alcolemia ao condutor.
Daquela o home, un mozo de 18 anos, escapou correndo e os axentes foron tras del un bo treito. O home, que non ten a nacionalidade española, meteuse na vivenda dunha veciña da zona, ata que foi detido.
Os axentes de tráfico comprobaron que non tiña carné, xa que non o obtivera nunca, e que o vehículo fora roubado nas proximidades do polígono compostelán da Sionlla.
Ademais, o test que lle realizaron no mesmo lugar do sinistro ofreceu un resultado de positivo por consumo de drogas, pendente de ser confirmado por unha proba de laboratorio.
O condutor foi trasladado en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago para ser atendido das lesións sufridas no accidente.