Frustran un intento de asalto á cantina da estación de trens de Rábade
Frustran un intento de asalto á cantina da estación de trens de Rábade
A Garda Civil e os veciños acudiron ao ver o fume que saía do local, activado pola alarma
Aproveitando que a cantina da estación de Rábade estaba pechada por vacacións, un ladrón conseguiu acceder por unha xanela estreita coma se fose un contorsionista. Así e todo, o asaltante axiña tivo que saír coas mans baleiras por onde entrara.
A gran cantidade de fume que se formou daquela no interior do bar impediulle ver nada, e tanto os veciños coma a Garda Civil acudiron de inmediato crendo que o local estaba a arder.
Posteriormente, sóubose que a orixe de tanto fume non fora un incendio. Ao saltar a alarma do local, activárase un sistema que lle impediu ao ladrón poder distinguir nada.
As autoridades investigan a agora a autoría deste intento de roubo que finalmente quedou nun susto.