Publicador de contidos
Publicador de contidos

Foxe do centro de inserción da Coruña un dos maiores capos do haxix de Europa

Foxe do centro de inserción da Coruña un dos maiores capos do haxix de Europa

Anselmo Sevillano, condenado ata o 2029, aproveitou o terceiro grao o luns para non regresar ás dependencias penitenciarias

Centro de Inserción Social da Coruña
G24.gal 25/03/2023 10:12 Última actualización 25/03/2023 15:34

Aseguran os investigadores policiais que a maior parte do haxix que se fumaba en Europa entre 2000 e 2011 pasou polas mans ou viaxou en narcolanchas de Anselmo Sevillano Amaya.

É un histórico narco andaluz que mercaba a droga en Marrocos para distribuíla despois por España, Francia, o Reino Unido e Holanda. Amasou unha gran fortuna ata a súa detención en 2011 nunha vivenda de luxo de Estepona, en Málaga.

A xustiza impúxolle daquela 14 anos de prisión, aos que sumou outras condenas, que tería que cumprir ata o 2029.

Este semana decidiu rematar coa súa estadía penitenciaria. Permanecía recluído no Centro de Inserción Social da Coruña desde o pasado 2 de febreiro, pero agora aproveitou o terceiro grao do que gozaba para non regresar a durmir.

As forzas e corpos de seguridade do Estado activaron as alertas e están na súa busca. Anselmo López pasou por varios cárceres españois ata acabar no centro de inserción da Coruña. Contratou un avogado da cidade que lle logrou un traballo como chofer e así logrou a concesión do terceiro grao. Durmía nas dependencias penitenciarias e tiña o día libre no exterior.

Cumpriu ata que deixou de facelo o pasado día 20.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade