Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia pechou 2022 con 39 mortes por afogamento, un terzo en decembro

Galicia pechou 2022 con 39 mortes por afogamento, un terzo en decembro

No conxunto de España rexistráronse 134 falecementos máis por esta causa respecto ao ano anterior

A Federación Española de Salvamento e Socorrismo reclama unha estratexia estatal de seguridade acuática

G24.gal 07/01/2023 12:22 Última actualización 07/01/2023 13:07

Galicia pechou o 2022 con 39 mortes por afogamento non intencional en espazos acuáticos. Once delas, case una de cada tres (28 %), producíronse no mes de decembro.

Segundo os datos feitos públicos pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo, Galicia foi a quinta comunidade en número de falecementos por esta causa.

No conxunto de España, o ano pasado pechou con 394 mortes deste tipo, o que supón un 51 % máis respecto a 2021, cando se rexistraron 134 vítimas menos.

O Informe Nacional de Afogamentos (INA) reflicte que o 2022 lanzou o quinto peor dato dos últimos oito anos, por detrás do máximo, que foi en 2017 con 481 defuncións; das 440 de 2019, as 437 de 2016 e as 415 de 2015.

"Isto pon de manifesto que lonxe de diluírense, os afogamentos non intencionais nos espazos acuáticos son un problema de primeira orde de saúde e seguridade pública en España", recalca nun comunicado o portavoz e director de Prevención e Seguridade da Federación, Francisco Cano, quen volveu esixir unha estratexia estatal de seguridade acuática.

Por comunidades autónomas, a que rexistrou máis falecementos foi a Valenciana (67), seguida das Canarias (63), Andalucía (56), Cataluña (40); e Baleares e Galicia (39).

A continuación, sitúase Murcia (15), Asturias e Castela e León (13), Cantabria (12), Castela-A Mancha e País Vasco (8), Estremadura (6), A Rioxa (5), Aragón (4), Comunidade de Madrid (3), Ceuta (2) e Navarra (1).

Decembro

Neste mes decembro rexistráronse 29 mortes por este motivo. Dezasete persoas perderon a vida en praias, 10 en ríos e 2 en piscinas. Once destes afogamentos tiveron lugar en Galicia (o 38 %).

No conxunto de 2022, a praia foi o escenario onde se rexistrou o maior número de falecementos (o 55 % do total), seguida do río (13,7 %) e da piscina (o 13,1 %). A maioría das vítimas eran homes (o 80 %).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade