Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia reforza a vacinación infantil contra o pneumococo

Galicia reforza a vacinación infantil contra o pneumococo

A nova vacina multiplica por catro a protección que ofrecía a anterior

G24.gal 15/04/2024 14:31

Dende hoxe, o Servizo Galego de Saúde vacina os bebés cunha dose máis completa fronte ao pneumococo. Administraranse tres doses aos dous, catro e seis meses, cun reforzo aos 11 meses.

A nova vacina cuadriplica a protección que ofrecía a anterior fronte a enfermidades leves do tracto respiratorio e a formas graves como a pneumonía, a meninxite e a sepse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade