Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia supera o seu récord histórico de exportacións con máis de 23.000 millóns de vendas

Galicia supera o seu récord histórico de exportacións con máis de 23.000 millóns de vendas

Tamén se superou outra marca: o de número de empresas galegas exportadoras

A marca superouse a falta de coñecer os datos do mes de decembro

G24.gal 20/01/2022 21:25

Galicia supera o seu récord histórico en exportacións. As vendas ao exterior da nosa comunidade sumaron máis de 23.000 millóns en 2021

Para que Galicia superase ese récord histórico de exportacións chegaron once meses, porque aínda falta o dato de decembro. Nos once primeiros meses do 2021 as vendas das empresas galegas no exterior sumaron máis de 23.000 millóns, o que supón un incremento do 22 % con respecto a 2020 e que deixa a Galicia como a sexta comunidade onde máis medraron as exportacións, por riba da media española.

Os sectores detrás deste ascenso son a industria metalúrxica, o téxtil e máis a automoción. Estes datos deixan a balanza comercial de Galicia en positivo, é dicir, hai máis exportacións que importacións.

En 2021, ademais de baterse o récord histórico das vendas ao exterior, superouse outra marca, o de número de empresas galegas exportadoras: hai máis de 8.800.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade