Gastromar abre as súas portas en Ribeira, con propostas culinarias innovadoras
Gastromar abre as súas portas en Ribeira, con propostas culinarias innovadoras
A feira, na segunda edición, pretende poñer en valor os produtos do mar, o seu labor nutritivo e o seu sabor
Un rock and roll de sardiña con pemento de Arnoia, unha torrada de lirio con gratinado de queixo do Cebreiro ou unhas navallas con mollo de pistacho son algúns dos pratos que elaboran as food-tracks de Galicia Sabe AMar e que se poden degustar despois no restaurante de Gastromar. É a segunda edición desta feira que se vai celebrar en Ribeira durante toda a fin de semana e que é produto da colaboración entre o sector pesqueiro e o sector hostaleiro da vila.
Na inauguración, o conselleiro do Mar pediu que o IVE do peixe se rebaixe ao nivel dos doutros produtos básicos da cesta da compra.
"Para que a xente o consuma temos non só que promovelo, senón reclamarlle ao Goberno do Estado, como hai meses que fai o sector, que por favor e dunha vez por todas rebaixe o IVE do peixe ao nivel doutros produtos básicos da cesta da compra", declarou Alfonso Villares, o conselleiro do Mar.
O obxectivo da feira é promover o peixe para que sexa posible levalo á mesa de todas as familias.