Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identificadas catro persoas que supostamente usurparon unha vivenda en Lugo

Identificadas catro persoas que supostamente usurparon unha vivenda en Lugo

A policía deu parte ao xulgado, que agora deberá decidir os cargos que se lles imputa

Félix Aragunde 15/07/2024 13:28

Ata catro persoas foron identificadas ao usurparen unha vivenda en Lugo. Ocorreu no número 10 da rúa Isaac Díaz Pardo, no céntrico barrio de Recatelo.

Tras se decataren do acontecido, os propios veciños deron aviso á policía, que comprobou que os moradores xa levaban máis de quince días residindo no inmoble.

Manuel Arias, voceiro da comisaría de Lugo: "As dotacións diríxense ao lugar e comproban que nese domicilio están residindo catro persoas, que son identificadas. Tamén se comproba que xa estaban previamente nese domicilio, polo que é a súa residencia".

Unha vez identificados os moradores da vivenda, os axentes non só se puxeron en contacto cos donos do inmoble. Tamén deron parte ao xulgado, que agora deberá decidir os cargos que se lles imputa a esas persoas.

Manuel Arias, voceiro da comisaría de Lugo: "Non se lles pode imputar un delito de violación de morada de maneira inmediata. O que se fai é recompilar os seus datos, poñerse en contacto coa propiedade e dar conta aos xulgados de todas esas actuacións".

Este é o cuarto caso de ocupación ilegal que os veciños de Recatelo denuncian no barrio nos últimos anos. O anterior rexistrárase a carón mesmo deste edificio.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade