Identificados tres casos de subliñaxes de ómicron en Catalunya e Baleares
Identificados tres casos de subliñaxes de ómicron en Catalunya e Baleares
Confirmados polos Departamentos de Saúde das dúas comunidades autónomas
Darias avanzou que se segue a súa evolución con moita atención
Dous casos da subliñaxe da variante ómicron da covid–19, coñecida como BA.2, acaban de detectarse en Catalunya e un terceiro nas Baleares, confimados todos polos Departamentos de Saúde das dúas comunidades autónomas.
O caso balear localizouno o servizo de Microbioloxía do Hospital Universitario Son Espases, de Palma.
Esta subvariante coñécese como "ómicron sixilosa" porque, segundo os primeiros exames, non se detecta nos tests diagnósticos aínda que é moi similar á ómicron orixinal. Tras o seu crecemento en Dinamarca e o Reino Unido, estase a estudar se é máis ou menos contaxiosa ca a variante inicial.
A ministra de Sanidade Carolina Darias referiuse a esta subliñaxe na súa comparecencia do mércores.
"A información que temos de Dinamarca é que non parece, dito con toda a prudencia, que teña un comportamento moi diferente da BA.1".
Tamén engadiu que se segue atentamente a súa evolución.