Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incáutanse de 796 quilos de sardiña nun barco en Sada

Incáutanse de 796 quilos de sardiña nun barco en Sada

A embarcación superaba a cota diaria asignada e non tiña declarada a carga

G24.gal 06/07/2023 09:42 Última actualización 06/07/2023 10:10

A Garda Civil incautouse de 796 quilos de sardiña que excedían a carga máxima dun barco no porto de Sada.

Os feitos ocorreron cando efectivos do Servizo Marítimo que se atopaban na zona observaron como dunha embarcación de pesca facían unha descarga de oito palés de sardiñas no porto de Sada, cun peso de 3.996 quilos.

Cando os axentes solicitaron a documentación do pesqueiro comprobaron que figuraban anotados 3.190 quilos de sardiña, e tamén o tope de capturas da devandita embarcación, un total de 3.200 quilos por xornada.

A Garda Civil procedeu á confección das denuncias por exceso de captura e por declarar unha cantidade menor e a incautarse do exceso das sardiñas, que foron entregadas ao Banco de Alimentos Rías Altas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade