Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incerteza nas estacións de servizo polo futuro da bonificación dos combustibles

Incerteza nas estacións de servizo polo futuro da bonificación dos combustibles

O sector, reunido no congreso da Fegaes na Estrada, pide saber se vai seguir o desconto e en que condicións 

Mentres, os combustibles continúan á baixa por cuarta semana consecutiva

G24.gal 15/12/2022 14:49

Quedan dúas semanas para que remate a axuda universal dos vinte céntimos por litro de combustible, e a incerteza continúa. As estacións de servizo, reunidas neste congreso da Estrada, esixen saber se vai continuar o desconto e en que condicións. 

"Oxalá siga. Pero se hai cambios tiñamos que sabelos xa, tanto nós como a sociedade", di Julio López, presidente de FEGAES.

Mentres, os prezos dos combustibles continúan á baixa. O prezo medio do litro de gasolina sitúase nun euro con 64 céntimos, e o do gasóleo nun euro con 71. Pero a escaseza de produto refinado no mercado internacional e a chegada do frío fan temer novas subas nos próximos meses. Por iso tanto o sector das gasolineiras como a Xunta volveron pedir unha baixada de impostos nos carburantes.

"Estamos de acordo co fondo da medida, non coa forma. Nós o que pedimos é un desconto no IVE ou nos impostos especiais tal e como se fixo noutros países", explica Jorge de Benito Garrastazu, presidente da Confederación Española de Estacións de Servizo.

"Pedimos unha rebaixa do IVE de carburantes e de impostos especiais, que o sector sitúa no 5 %, e tamén saber se se van prolongar ou non as bonificacións nos prezos dos combustibles"engade Francisco Conde, Vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía.

Ademais, Fegaes, que representa 400 gasolineiras galegas, presentou no congreso o seu plan estratéxico. As estacións de servizo do futuro terán que multiplicar os seus produtos e servizos e adaptarse para sobrevivir nun contexto enerxético cambiante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade