Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa en prisión o dono dun club de Santiago acusado de explotación sexual

Ingresa en prisión o dono dun club de Santiago acusado de explotación sexual

O local permanece pechado e precintado

Os investigadores tamén lle atribúen ao detido, con antecedentes por asuntos semellantes, un delito de branqueo de capitais

G24.gal 08/05/2023 16:19

O coñecido empresario da capital galega Ricardo Calvo Covas, dono dun club situado en San Marcos, foi detido o pasado 29 de abril no marco dunha operación levada a cabo pola Policía Nacional compostelá.

Na noite dese sábado, os axentes levaron a cabo o rexistro do club, que permanece precintado e pechado. Amais, ao mesmo tempo o operativo rexistraba varias vivendas relacionadas co detido, que ingresou en prisión preventiva despois de prestar declaración no xulgado. 

Xunto ao empresario foron detidas varias persoas, tanto no local como nas outras propiedades, e comisaron pequenas cantidades de substancias estupefacientes, diñeiro en efectivo e varios coches de alta gama. 

Os delitos polos que se investiga están relacionados coa prostitución e explotación sexual, así como por branqueo de capitais. 

Pero esta non é a primeira vez que Calvo Covas é detido, pois estivo implicado en dúas grandes operacións. A primeira no ano 98, no marco da operación Palomar, pola que foi condenado a 15 anos de cárcere por prostitución coactiva e inmigración ilegal no 2004. Mesmo ano en que de novo foi detido noutro operativo, Transilvania, en que se interviu unha rede romanesa de proxenetas que operaba en Compostela e Murcia.   

O caso actual está baixo segredo de sumario. Trátase dunha operación coordinada pola comisaría compostelá e as pescudas comezaron o pasado ano 2022. A investigación segue aberta e non se desbota que se poidan levar a cabo máis detencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade