Cargando resultados...
Ingresada da UCI unha muller asaltada na súa casa en Xermade
Ingresada da UCI unha muller asaltada na súa casa en Xermade
Roubáronlle o móbil á vítima e sacáronlle cartos da conta bancaria
Leva doce días ingresada na UCI do HULA tras ser asaltada
Félix Aragunde
17/02/2022 13:24
Unha veciña de Candamil, en Xermade, leva doce días ingresada na UCI do HULA tras ser asaltada a súa casa. O seu irmán atopouna ensanguentada, e os sanitarios que a atenderon comprobaron que tiña unha ferida na cabeza producida por un obxecto punzante.
Na vivenda non botaron nada en falta, agás o móbil da vítima do asalto. Pero, posteriormente, rexistráronse movementos sospeitosos na conta bancaria da muller hospitalizada, á que lle puideron subtraer varios miles de euros.
A Garda Civil abriu unha investigación, por un delito de roubo con violencia, co fin de esclarecer a autoría destes feitos.