Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptada unha seita "new age" en Barcelona

Interceptada unha seita "new age" en Barcelona

Ía iniciar un ritual neoxamánico con substancias psicoactivas

Os dous presuntos responsables do encontro foron detidos

G24.gal 02/04/2023 14:35 Última actualización 02/04/2023 15:00

Os investigadores irromperon nunha vivenda de Sant Pol de Mar, en Barcelona, xusto cando ía comezar a cerimonia en que os arrestados pretendían subministrar a 23 asistentes substancias psicoactivas prohibidas pola súa perigosidade para a saúde.

"Aiahuasca, sapo bufo, ra kambo e mesmo mezcalina", precisa Ana Ramón, voceira da Policía Nacional.

Este tipo de substancias adoitan ser utilizadas por seitas new age en rituais de corte neoxamánico.

"Os participantes, cando están baixo os efectos destas substancias, vólvense máis vulnerables e manipulables, o que facilita a súa captación e o vencellamento ao grupo", explica a voceira da Policía Nacional.

Na vivenda había 50 camas para asistentes. Estes tiñan que pagar por ir aos encontros, que se promocionaban en redes sociais e páxinas web.

Na operación, en que participaron axentes da Policía Nacional e da Axencia Tributaria, incautáronse de 4.000 euros e 2.000 dólares americanos en efectivo.

A policía dispón do correo electrónico sectasdestructivas@policia.es para informar de forma anónima e confidencial deste tipo de grupos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade