Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptan un repartidor de comida circulando de noite en bicicleta pola AP-9

Interceptan un repartidor de comida circulando de noite en bicicleta pola AP-9

O home, veciño de Sanxenxo, asegurou que o GPS o mandou pola autoestrada

G24.gal 10/10/2022 17:50

A Garda Civil interceptou un repartidor de comida a domicilio circulando á noitiña na súa bicicleta de repartición pola AP-9, concretamente no quilómetro 132,500 sentido Tui, no termo municipal de Pontevedra.

Segundo informou este luns o instituto armado, sucedeu o pasado mércores ao fío das dez da noite, cando o 112 Galicia advertiu a Garda Civil de que recibira varias chamadas de usuarios da AP-9 que alertaban da circulación dunha bicicleta.

Unha patrulla desprazada ao lugar localizou o ciclista e indicoulle que abandonase a autoestrada.

Tras acompañalo a un lugar seguro, os axentes identificárono; é un veciño de Sanxenxo de 39 anos.

Seguía o GPS

Cando lle preguntaron por que circulaba por unha autoestrada, prohibida para as bicicletas, e ademais en horario nocturno, o home afirmou que seguía as indicacións do GPS que leva instalado na bicicleta.

En consecuencia, os axentes denunciárono por circular por unha autoestrada cun vehículo que o ten expresamente prohibido, o cal supón unha sanción de 200 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade