Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interveñen en Lugo 18 quilos de marihuana que chegaron a unha empresa de loxística

Interveñen en Lugo 18 quilos de marihuana que chegaron a unha empresa de loxística

A empresa de transportes foi a que avisou a policía de catro paquetes sospeitosos 

G24.gal 20/07/2023 10:47

Axentes do Corpo Nacional de Policía encargados da investigación de delitos relacionados coa Saúde Pública detiveron unha parella como sospeitosa de traficar con drogas, despois de intervir dezaoito quilos de marihuana que chegaran ao almacén dunha empresa de transportes en Lugo repartidos en catro paquetes diferentes.

Foi a propia empresa de loxística a que se puxo en contacto coas autoridades para avisar de que chegaran aos seus almacéns catro paquetes que desprendían un forte cheiro a marihuana, o cal provocou as sospeitas por parte dos empregados sobre o seu contido.

A investigación desenvolvida permitiu verificar que a mercadoría tiña como destino a localidade lucense de Vilalba.

Esta situación púxose en coñecemento da autoridade xudicial, que ordenou a detención das dúas persoas a que ía dirixido o envío.

Os detidos foron trasladados á Comisaría Provincial de Lugo, onde se lles tomou declaración como investigados por un delito de tráfico de drogas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade