Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprehenden 90 quilos de polbo capturados sen autorización en Malpica

Aprehenden 90 quilos de polbo capturados sen autorización en Malpica

Estaban en bolsas no interior dun furgón e a captura non fora declarada no diario de pesca

O polbo intervido en Malpica O polbo intervido en Malpica
G24.gal 01/04/2023 12:20

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña aprehendeu 90,7 quilogramos de polbo sen autorización no porto da localidade coruñesa de Malpica.

Axentes deste servizo observaron que se descargaban as capturas directamente a un furgón desde unha embarcación pesqueira.

Os axentes procederon á inspección do vehículo e da mercadoría transportada e localizaron no interior oito bolsas de plástico brancas. No interior contiñan polbo, cun peso total de 90,7 quilos, dos que 38,85 eras inmaduros.

Solicitaron a documentación que puidese amparar a descarga e o trasporte deste mercadoría, pero carecían destes documentos.

Constataron tamén que as capturas non foran declaradas no diario de pesca.

Así, os axentes procederon á incautación da mercadoría atopada e a realizar as correspondentes denuncias por supostas infracións á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia.

A Garda Civil entregou os polbos requisados á real institución benéfico-social Padre Rubinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar