Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intervidas en España 18 toneladas de anguía, que superarían os 20 millóns de euros no mercado negro

Intervidas en España 18 toneladas de anguía, que superarían os 20 millóns de euros no mercado negro

En total, en Europa, coa colaboración de máis de 30 países, interviñéronse 25 toneladas de anguía e detiveron 256 persoas

Tres das toneladas requisadas foron reintroducidas ao medio natural

G24.gal 31/08/2023 14:00

A Garda Civil incautouse en España, en 2022 e 2023, de máis de 18 toneladas de anguía europea, que poderían alcanzar no mercado negro un valor de máis de 20 millóns de euros, na loita contra o tráfico desta especie no marco da operación Askea IV-Lake, levada a cabo en coordinación con Europol e en colaboración coas policías de Francia e Portugal.

Entre os operativos desenvolvidos desarticuláronse tres organizacións criminais en España, en concreto en Asturias e San Sebastián.

Participaron 31 países nesta operación LAKE contra a exportación ilegal de anguía europea, iniciada en 2016 cando se prohibiu.

De non ser así, esta especie que existe desde fai 70 millóns de anos podería desaparecer definitivamente, segundo os axentes, para engadir que este ano os resultados de LAKE foron "espectaculares" en canto a incautacións, con 25 toneladas de anguía europea incautadas, e 256 detidos en Europa, 30 deles en España.

Acometéronse 110 controis de pesca, 273 inspeccións en portos, 317 en aeroportos e outras 300 noutras canles de comunicación, que deron como resultado "máis de 18 toneladas de anguía europea" intervidas. Delas, máis dunha tonelada de angula e case dúas de anguía adulta, vivas, foron reintroducidas ao medio natural.

Detectouse, por exemplo, o uso de empresas legalmente establecidas para o comercio de anguía europea que introducen no mercado angula de procedencia ilícita ou o envío de angulas en equipaxe persoal, a través de maletas acondicionadas con bolsas inxectadas de osíxeno, a Asia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade