Cargando resultados...
Investigado o loteiro lugués que denunciou ser vítima do roubo de 400.000 euros
Investigado o loteiro lugués que denunciou ser vítima do roubo de 400.000 euros
Polo de agora aínda non foi interrogado nin hai imputacións na súa contra
G24.gal
17/02/2024 14:28
Última actualización 17/02/2024 14:46
O loteiro de Lugo que denunciou ser vítima dun atraco de 400.000 euros o pasado Nadal está a ser investigado pola súa posible implicación no roubo.
O Xulgado de Instrución número dous de Lugo citouno este venres para comunicarlle que se están a realizar pescudas sobre el, malia que, de momento, non hai ningunha imputación na súa contra e aínda non foi interrogado.
Polo de agora, hai varias liñas de investigación abertas e a policía traballa con distintas hipóteses, polo que o loteiro é un máis dos varios investigados que hai.